VISITA Ó CEP PLURILINGÜE XESÚS FERRO COUSELO!

Xa queda pouquiño para rematar o curso, polo que este mes estamos a ter as visitas ós coles receptores do noso alumnado (CEP Plurilingüe Xesús Ferro Couselo e CEIP Baño-Xanza), para favorecer o tránsito entre as distintas etapas educativas.
Tamén coidamos a entrada do novo alumnado ás nosas escolas, así que o venres 14 de xuño nos visitarán os nenos e nenas de 3 anos que se escolarizarán por primeira vez no noso C.R.A. 

Hoxe tivo lugar unha destas citas tan importantes: a Visita ó CEP Plurilingüe Xesús Ferro Couselo,  (a do CEIP Baño-Xanza será o próximo martes 11 de xuño). Foi un día moi emocionante, no que as nosas alumnas se reencontraron cos antigos compañeiros, irmáns maiores... e coñeceron as novas instalacións que formarán parte do seu día a día a partir de setembro. Os nenos e as nenas de 1º de Primaria e a súa profe Alicia fixeron de anfitrións, explicándonos todo moi ben e dándonos uns agasallos de benvida moi vistosos. Os de 4º de Primaria e a súa profe Tamara, preparáronnos un teatro con sombras que nos encantou! Voltamos ó noso cole co bandullo ben cheo e rindo á esgalla (grazas pola merenda e esas sesións de chistes!).






Comentarios