VISITA O CEIP DE BAÑO-XANZA

O martes día 11 de xuño, foi un día moi especial, posto que os nosos "maiores" das escolas de Campaña, Xanza e Chenlo,  se acercaron ó centro receptor do noso alumnado para o vindeiro curso 2019/2020, ( o CEIP de Baño-Xanza) para que desta forma coñezan un pouco máis do que será o seu novo centro a partir de setembro, favorecendo así o tránsito entre ambas etapas (ed. Infantil e ed. primaria).
Alí estivemos cos nenos do 3º nivel do 2º ciclo de Educación Infantil deste cole, e que serán os seus compañeiros/as o próximo curso!!
No CEIP de Baño-Xanza, ensináronnos onde se forman as filas de entrada ó cole, as aulas de primaria, o ximnasio, a biblioteca, contáronnos 2 contos: “a vaca que puxo un ovo” e “primeira semana na escola de vacas”. Despois fixéronnos actividades de presentación moi divertidas e xogamos co paracaídas. Despois de tanta actividade, merendamos todos xuntos e xogamos un pouco antes de volver para as nosas escolas!
Foi unha xornada chea de emocións, nerviosismo e moita diversión!
 









 




Comentarios