Letras Galegas 2019


Hoxe, na véspera do Día das Letras Galegas, tivemos unha xornada de convivencia na escola de Ferreirós para conmemorar esta data. Mais como esta é una celebración tan importante para todas e todos nós, continuaremos co festexo uns días máis. 

Nesta xornada xogamos co galego (E ti, canto galego sabes?), fomos a un contacontos con Vero Rilo, onde nos enteramos, entre outras cousas, que Unha vaca puxo un ovo, que Un artista pintou un cabalo azul ou que Unha toupiña quería saber quen lle fixera "aquilo" na cabeza... 





 E tamén xogamos! Porque como di Francesco Tonucci: "as aprendizaxes máis importantes da vida fanse xogando". E si, xogando dáselle moito á lingua e apréndense moitas palabras, con todas as letras.

O que se celebra nesta data, a importancia das nosas letras e da nosa fala, ímolo traballando ao longo de todo o ano nas nosas escolas. Como froito deste labor naceron as nosas reflexións: onde queremos que o galego estea máis presente? Onde queremos que se vexa o galego? E, aproveitando a proposta da CTNL (ctnl.gal) para este día, fixemos isto que vos amosamos aquí. Esperamos que vos guste! 


Comentarios