VERMES DE SEDA!

Chegaron os VERMES DE SEDA ó C.R.A. de Valga grazas á mamá dunha das nosas alumnas. Coa entrada da primavera os ovos comezaron a eclosionar, e as larvas convertéronse cada día en eirugas máis grandes. Os nenos e nenas encárganse da súa alimentación e coidados así como de facer rexistros de observación. Deste xeito, introducimos ós cativos no método científico á vez que aprenden cousiñas da natureza e da súa conservación. Ademais, estes animaliños visitan as casas das familias xunto co KIT DE SUPERVIVENCIA no que os pequenos e as súas familias poderán facer reconto de ovos/larvas ou rexistrar a etapa evolutiva na que se atopan as eirugas. Estamos moi impacientes desexando que se convirtan en bolboretas!












Comentarios