III XORNADA DE CONVIVENCIA

Hoxe realizamos a III Xornada de Convivencia do C.R.A. de Valga con temática do Camiño de Santiago. Nesta ocasión, reunímonos todos na Escola de Chenlo, onde preparamos a Credencial e a Cuncha do Peregrino para poder facer un tramo do Camiño de Santiago que pasa por Valga a pé. Durante o traxecto atopamos un montón de Peregrinos que nos ensinaron a súa Credencial toda selada. Logo de merendar puidemos selar a nosa, para logo voltar á escola. Pasámolo moi ben! Mirade, mirade:
III xornada convivencia from CRA de Valga on Vimeo.

Comentarios