XORNADA DE CONVIVENCIA

Ola familias! Como sabedes o venres pasado realizamos a II Xornada de Convivencia do curso. Esta vez tivo lugar na Escola de Forno, onde convidamos ás avoas e bisavoas co gallo do Día da Muller e relacionándoo co noso Proxecto anual "Galicia en contos", a que nos contaran historias das súas vidas. Aprendimos moitísimo sobre cousas de antes, como o oficio de ferreira, andar co tractor, os muíños do millo, como era ir á escola ou sacar o carné de conducir fai moitos anos. 
Logo, fixemos xogos ó aire libre e realizamos un obradoiro de batidos feitos con amorodos e plátanos. Estaban riquísimos! 

MOITAS GRAZAS ÁS AVOAS POR VISITARNOS E CONTARNOS COUSAS TAN INTERESANTES!


Comentarios