EXPERIMENTANDO COA LUZ E A COR!!!


O IMPORTANTE NON É O DEBUXO, SENÓN O DEBUXANTE” LOWENFELD, V.

Queremos compartir con vós, algunhas das actividades que estamos levando a cabo nas diferentes escolas do C.R.A.
- Xogamos e exploramos coa luz negra!!  Os nenos/as gozaron moitísimo con esta actividade!!Que sorprendidos se quedaron ó ver como se vían na escuridade as súas caras  que previamente pintamos con diferentes cores fosforitas! Tamén experimentamos coa mesa de luz e coas sombras.

- Técnicas de Hervé Tullet: partimos do libro deste autor titulado "Diviértete" para realizar grafismos, figuras... descubrindo así a arte creando obras colectivas. Tamén empregamos outra obra súa titulada "La cocina de dibujos" para realizar unhas receitas moi coloridas fomentando a creatividade dos nenos e experimentando coas pinturas. O resultado foi moi divertido!

- Xogamos con luces e sombras: facemos xogos e experimentos con luces e sombras a través de lanternas, proxectando sombras, coa mesa de luz...

ESCOLA DE CAMPAÑA:










ESCOLA DE VILARELLO
OBRADOIRO CREATIVIDADE from Escola de Vilarello on Vimeo.

SOMBRAS CON KAMISHIBAI from Escola de Vilarello on Vimeo.







ESCOLA DE FERREIRÓS


















ESCOLA DE CHENLO

En Chenlo os pequenos e pequenas andiveron experimentando con luces e sombras!

Con lanternas, animais e obxectos con buratos...

















Con lámpadas feitas con lanternas e globos...





… e ata cunha mesa de luz que nos prestou unha mamá! E como lles prestou aos nenos e nenas!















Comentarios