MAGOSTO E SAMAÍN!!

O mércores 31 de outubro, reunímonos todas as escolas do C.R.A. de Valga na escola de Forno para celebrar as festas do MAGOSTO e SAMAÍN!!
 
Alí, dividimos ós nenos en 4 grupos, que participaron en 4 obradoiros: cociña, manualidades, contacontos e psicomotricidade. Pasámolo moi ben!!
 
Despois dos obradoiros comemos castañas asadas e de postre o ourizo que fixeron os nenos/as no obradoiro de cociña.
 
A continuación xogamos un pouco no patio da escola e visualizamos un vídeo sobre o Samaín!!!
 
Aquí vos deixamos un vídeo con fotos da xornada:
 

 
 
 
 
 
 

Comentarios