IMOS DE EXCURSIÓN!!

Como sabedes, hoxe realizamos unha excursión á Casa-Museo Rosalía de Castro e á Pajarería Teodoro. De Rosalía de Castro xa sabiamos moitas cousiñas de estudala no cole, pero gustounos moito ver o lugar onde viviu os seus últimos anos. O que máis nos impresionou foi a súa habitación e a súa lareira. Para rematar a visita, fomos ó auditorio da Casa-Museo, a ver un vídeo no que algunhas das súas obras (en concreto "Cantares Gallegos", "Follas Novas" e "En las orillas del Sar") nos relataban a vida da autora e a súa importancia na literatura galega.


























 Logo, e antes de volver a Campaña, realizamos unha pequena camiñata para chegar á Pajarería Teodoro e atopar todo tipo de mascotas e animais que viven noutras partes do mundo, algúns ata exóticos!









Comentarios