EXCURSIÓN FIN DE CURSO!!

O pasado venres,  foi un día moi especial e esperado, xa que fixemos a nosa excursión de fin de curso!! E aproveitando a temática do proxecto anual que levamos a cabo no C.R.A. "AS VIAXES", empregamos dous medios de transporte: o tren e o catamarán!!

Deste modo, collemos o TREN na estación de Pontecesures con destino a Vilagarcía de Arousa. Para algúns nenos/as era a primeira vez que ían en él! A todos nos gustou moito esta viaxe!!
Unha vez en Vilagarcía, fomos camiñando ata o CINE , para ver a película de ICE AGE 4!!


 
A seguinte parada que fixemos foi xa para comer, polo que nos acercamos a un merendeiro próximo ó cine.
Logo da comida, tivemos un pouco de tempo libre que o aproveitamos para xogar nun parque súper divertido!!
 
 

 
 
E xa por último, acercámonos ó porto de Vilagarcía para coller o catamarán que nos traería de volta ó porto de Cesures onde esperaban as familias dos nosos nenos/as.



Comentarios