VIVIMOS A SEMENTEIRA DO TRIGO EN VALGA!

No día de hoxe, reunímonos cos nosos maiores nunha actividade moi especial: A sementeira do trigo! Os máis pequenos puideron vivenciar o inicio do proceso de cultivo do trigo da forma tradicional en Ferreirós. Como a actividade comezaba ás 11:00 da mañá, fixemos unha primeira parada no Auditorio de Cordeiro para disfrutar dunha sesión de cine, e logo realizamos unha pequena andaina ata o lugar da sementeira. Ademais, elaboramos un espantallo e preparamos sementes para levar para casa! A mañá rematou cunha deliciosa merenda na que os nenos e as nenas comeron pan, chourizo, queixo, sardiñas e empanada. 

Podedes ver toda a información da xornada de hoxe recollida na web do Concello de Valga pinchando AQUÍ.

E tamén saímos no Programa Galicia Viva da TVG! Pincha AQUÍ para velo!


Moitas grazas ó Concello de Valga, ós maiores por ensinarnos tanto e a todas as persoas que fixeron que hoxe o pasásemos tan ben!






















Comentarios