SEMANA DO LIBRO NO C.R.A.!

Do 23 ó 27 DE ABRIL é a SEMANA DO LIBRO e no C.R.A. estámolo a celebrar en todas as escolas. Unha das actividades que nos encanta é a visita dos familiares que nos visitarán ó longo de toda a semana para contar contos. Aproveitando o bo tempo, tamén comezamos a facer a "BIBLIOPATIO"! Unha nova actividade que consiste en ofrecerlles ós nenos e ás nenas a oportunidade de disfrutar da lectura tamén no recreo. Mirade como disfrutan os nenos cos libros!

Escola de Xanza
Escola de Forno
Escola de Campaña
Escola de Ferreirós
Escola de Vilarello

Escola de Chenlo


Comentarios