IMOS DE EXCURSIÓN ÓS MUÍÑOS DE BAROSA!

O venres 27 de abril, levamos a cabo unha saída ó Parque Natural de Barosa, que nos permitiu acercarnos algo máis ó patrimonio etnolóxico e natural próximo á nosa zona. Ademais, nas aulas traballouse sobre estes temas previamente e coincidiu cunha semana na que participamos na sementeira do trigo, polo que xa levabamos algúns coñecementos previos sobre o tema.
 
Nos muíños dividíronnos en grupos para participar en diferentes obradoiros.
Nun de eles vimos un forno de pedra antigo , explicáronnos o seu funcionamento e os materiais que se utilizaban; noutro obradoiro, ensináronnos un muíño de pedra e mesmo o puxemos a funcionar! e no terceiro dos obradoiros amosáronnos diferentes imaxes de animais típicos da zona e tamén tipos de cereais, as súas fariñas, así como o seu uso.












 
A continuación, e xa con moitísima fame, merendamos!! Déronnos madalenas, galletas e rosca, e para beber auga, zumos e chocolateeee!!
 
 
Despois de coller forzas coa merenda, participamos no último dos obradoiros: obradoiro de pan!! En este caso, xa todos xuntos. Pásamolo xenial!! Gústounos moito amasar e facer figuras co pan, como tartarugas, golfiños, cisnes, trenzas...
 


 





















 
E xa, por último, antes de coller o bus de volta, aproveitamos para sacar unhas fotiños diante da cascada do Parque Natural de Barosa.
 



 
 
En esta ocasión, acercouse ata o Parque Natural de Barosa, un fotógrafo de A Voz de Galicia. Velaquí vos deixamos o enlace da publicación que saiu no xornal o sábado 28 de abril na edición de Pontevedra: https://www.lavozdegalicia.es/noticia/pontevedra/2018/04/28/alumnos-cra-valga-visitan-muinos-barosa/0003_201804P28C11997.htm
  
Desde o C.R.A. de VALGA, aproveitamos para dar as grazas a Lucía, Sandra e Gonzalo, monitores nos muíños de Barosa,  que nos acompañaron durante toda a mañá e nolo fixeron pasar tan ben!!

 

Comentarios