FESTIVAL DE ENTROIDO DO C.R.A. DE VALGA!

Como sabedes, hoxe celebramos o ENTROIDO cun gran FESTIVAL no Auditorio de Cordeiro. Seguindo a temática do Proxecto Anual que estamos a traballar todo o cole, o festival estivo ambientado nos países ós que "viaxamos". Mirade que percorrido fixemos polo mundo con estas grandísimas actuacións dos nosos pequenos:

A Escola de Forno, dende México, interpreta "México lindo".
ENTROIDO FORNO from CRA de Valga on Vimeo.



A Garda Real da Escola de Chenlo, dende Reino Unido, desfila a "Marcha Radetzky" de Strauss.

ENTROIDO CHENLO from CRA de Valga on Vimeo.



Os mahorís da Escola de Campaña, chegan dende Nova Zelanda para realizar unha Jaca.
ENTROIDO CAMPAÑA from CRA de Valga on Vimeo.


Os Inuits do Polo Norte de Vilarello, chegan dende Canadá para interpretar "Nanuk el esquimal".
ENTROIDO VILARELLO from CRA de Valga on Vimeo.



A Escola de Ferreirós, dende China, bailou "Chinito de amol".
ENTROIDO FERREIRÓS from CRA de Valga on Vimeo.
                                       

A tribu Ndébele de Xanza, chegou dende Sudáfrica para bailar o "Waka-waka".
ENTROIDO XANZA from CRA de Valga on Vimeo.



Foi unha mañá moi completa xa que ademais realizamos tres obradoiros: un de baile, outro de contacontos ("O Carnaval dos animais" con sombras chinescas) e outro de manualidades (decoración de máscaras).








E por último fixemos unha merenda cos doces típicos de Entroido que nos trouxeron as familias e que degustamos con elas. Estaba todo riquísimo!!!! 



O Equipo de Profesorado do C.R.A. de Valga, agradecémosvos a vosa inestimable colaboración, e desexámosvos un divertido Entroido!!!


Despedímonos ata a volta do Entroido, deixándovos a actuación conxunta de todo o C.R.A. da canción de Willy Fog e "Carnaval, carnaval".
ACTUACIÓN CONXUNTA ENTROIDO from CRA de Valga on Vimeo.

Comentarios