CONMEMORAMOS O DÍA DE ROSALÍA!!


Adios, ríos; adios, fontes;
adios, regatos pequenos;
adios, vista dos meus ollos:
non sei cando nos veremos.

Miña terra, miña terra,
terra donde me eu criei,
hortiña que quero tanto,
figueiriñas que prantei.

Con motivo do aniversario do seu nacemento, o 24 de febreiro, nas escoliñas quixemos renderlle a nosa especial homenaxe a esta gran poetisa e novelista galega: ROSALÍA DE CASTRO. Traballamos sobre a súa biografía, analizamos diversos poemas, fixemos murais, composicións, visualizamos vídeos...
Velaquí vos deixamos unha pequena mostra dos nosos traballos:


ESCOLA DE VILARELLO







ESCOLA DE CAMPAÑA


ESCOLA DE FORNO




ESCOLA DE XANZA






ESCOLA DE FERREIRÓS


ESCOLA DE CHENLO






Comentarios