INVENTAMOS CONTOS, FACEMOS PRAXIAS, SOPRAMOS FOLLAS, CANTAMOS CANCIÓNS, APRENDEMOS VOCABULARIO SOBRE O OUTONO...

Ao longo dos meses de novembro e decembro fixemos as seguintes actividades:

1. Inventamos contos facendo uso de diversas tarxetas con imaxes de lugares, personaxes e obxectos máxicos. Tamén utilizamos algunhas das expresións básicas de apoio que nos serviron para saber como podemos iniciar e finalizar un conto. Cada un dos nenos e nenas imaxinaba como serían esos personaxes e comentaban diferentes características dos memos, o mesmo sucedía cos lugares e obxectos que utilizaban para desenvolver a historia. 
Escola de Xanza

Escola de Vilarello


Escola de Ferreirós













2. Facemos praxias, sopramos follas do outono e cantamos cancións.

Imitamos diferentes movementos bucofaciais facendo uso da pantalla dixital visionando un vídeo das follas do outono e sopramos as follas que recollemos no patio. Finalizamos a clase cantando unha canción do outono.

Escola de Chenlo
Escola de Campaña





Escola de Ferreirós
Escola de Campaña


Escola de Vilarello
Escola de Chenlo
3. Aprendemos os nomes de diferentes medios de transporte: terrestres, marítimos e aéreos. 


Escola de Ferreirós

Escola de Forno

Escola de Xanza










Comentarios