DÍA DE FESTA!!

Hoxe todas as escolas do C.R.A. de Valga, reunímonos na escola de Vilarello para celebrar a festa tradicional do Magosto e Samaín!! Tanto nenos como mestres, preparámonos para a ocasión vestindo traxes típicos desta festa, algúns deles moi terroríficos!!
Fixemos catro grupos que foron pasando por diferentes estacións, en concreto 4: contacontos (no que representamos A Figueira de Pelostortos de OQO)obradoiro de cociña (na cal fixemos unha momia que logo merendamos e que estaba riquísimaaa!!), obradoiro de manualidades ( no cal picamos un títere de araña) e obradoiro de psicomotricidade. Pasámolo moi ben!!
No seguinte vídeo, deixámosvos imaxes do día de hoxe:
Samaín e Magosto 2017 from CRA de Valga on Vimeo.

Comentarios