ABRIMOS A BIBLIOTECA!

 O Monstro dos Libros xa está de volta tralas vacacións. Estivo percorrendo o mundo durante o verán e enviounos unha carta a todas as escolas do C.R.A. para contarnos as aventuras que viviu. E foron moitas! Como nós tamén queremos vivir aventuras, contounos un segredo: non nos fai falla un avión, un barco ou un tren para viaxar; tamén podemos viaxar cos libros, os cales nos levan a un montón de lugares e aventuras por descubrir. Por iso, xa ten todo listo na Biblioteca da Sede de Campaña para que os nenos de todas as escolas poidan comezar a realizar o empréstito de libros.
Dende o C.R.A. de Valga agardamos que teñades unhas fantásticas lecturas!

O Monstro dos Libros

Comentarios