SEMENTAMOS BICOS DE CORES!!

Durante estes primeiros días e para pouco a pouco ir collendo ritmo e facilitando a entrada na escola ós nosos novos compañeiros, traballamos nas aulas co conto “¿de que color es un beso?” de Rocío Bonilla. De esta forma seguimos traballando as emocións e sentimentos, e en concreto os bicos, moi presentes nas nosas aulas e cos que demostramos cariño e amizade. A protagonista do noso conto chámase Minimoni, e gústalle moito pintar, pero nunca pintou un bico, porque non sabe de qué cor son!!
 
Antes de presentarlle o conto ós nenos/as, cada titora levou á aula A CAIXA DOS BICOS!! Había bicos de moitas cores, formas, tamaños e texturas diferentes!!

Despois de contar o conto, xa todos tiñamos máis ou menos claro, de qué cor poden ser os bicos, polo cal, puxémonos mans á obra e cada neno/a fixo o seu mantel para a hora da merenda e a etiqueta para á súa botella, e como podedes imaxinar, o que nos sobraban eran moitos bicos!!
Escola de CAMPAÑA


Escola de CHENLO


Escola de VILARELLO
Escola de VILARELLO


Escola de FORNO



Escola de XANZA
Ademais fixemos un mural de benvida, que leva por título "SEMENTAMOS BICOS", para o cal pintamos con pinceis entre todos unha árbore e logo cada neno/a decorou bicos de moitas cores!! Ollade que bo traballo fixemos!!
Escola de CAMPAÑA

Escola de CHENLO

Escola de CHENLO
 
Escola de FERREIRÓS
 
Escola de FERREIRÓS
 
Escola de FORNO
 
Escola de VILARELLO

Escola de VILARELLO

Escola de XANZA

Escola de XANZA
Seguiremos traballando sobre o conto nos vindeiros días e apoiarémonos en él moitas veces ó longo do curso escolar.
Dende o CRA de VALGA mandámosvos UNHA MOREA DE BICOS!!

 

 
 

Comentarios