EXCURSIÓN A PONTECESURES!

Cantas cousas fixemos hoxe! Tal e como estaba previsto, realizamos a excursión a PONTECESURES, como actividade complementaria dentro do Proxecto do Mar. Comezamos visitando a PRAZA DE ABASTOS e o SUPERMERCADO, lugares onde podemos mercar peixes e mariscos. Na Praza, tamén vimos todas as verduras, froitas, carnes, un vídeo da lamprea, e ata vimos o tren!








No súper, Sandra explicounos moitísimas curiosidades dos peixes e mariscos que vende na peixería e Guillermo agasaiounos cunha estupenda merenda!







Logo de repoñer forzas no merendeiro, dirixímonos ó CLUB NÁUTICO de Pontecesures. Alí, Rubén amosounos a almacenaxe das piraguas, como é o entrenamento dos deportitas no ximnasio e probamos a montar nunha piragua!












Para rematar a visita ó club, saímos ó río a ver unha demostración de piragüismo que nos fixo Jose, con molladura incluída por petición dos nenos!




Aquí podedes velo no vídeo... Tanto nos gustou, que ata 3 veces lle pedimos que nos repetira a demostración dunha saída!


Excursión ó Club Náutico de Pontecesures from CRA de Valga on Vimeo.

Por último, e despois do ben que nos portamos durante toda a mañá, os nenos ben merecían un ratiño no PARQUE antes de voltar á escola. Mirade que ben o pasamos!






Dende o C.R.A. de Valga, todo o Equipo de Profesorado queremos agradecer a excelente atención recibida por parte tanto dos traballadores do Concello de Pontecesures, como dos da Praza de Abastos, do Supermercado Froiz e do Club Náutico. Moitas GRAZAS!

Comentarios

Publicar un comentario