



Durante as ultimas semanas estivemos aprendendo nas sesións de
estimulación da linguaxe a recoñecer
palabras que
riman. Con axuda dalgúns vídeos que vimos na pizarra dixital e con diferentes tarxetas con imaxes traballamos a discriminación fonolóxica e auditiva de palabras. Despois limos algunhas poesías relacionadas co tema de traballo deste trimestre
O MAR. Tamén inventamos pequenas rimas cos nosos nomes e decoramos uns versos do poema de Antonio García Teijeiro.
Comentarios
Publicar un comentario