Seguimos aprendendo co PROXECTO DO MAR!

O proxecto vai vento en popa, a toda vela! Os nenos e nenas do C.R.A. seguen traendo material das súas casas que nos serve para seguir ampliando coñecemento e encher de cousiñas do mar as escolas. Como vedes a eles encántalles explicarnos o que nos traen!

Escola de CHENLO

Escola de CHENLO

Escola de VILARELLO
 Tamén o que fixeron cada semana na libreta da mochila viaxeira:

Escola de VILARELLO
Escola de CHENLO

Tivemos unha convidada excepcional, familiar dunha alumna, que nos veu contar qué é iso da oceanografía e nos trouxo moitas cousas para ver e tocar!

Escola de FERREIRÓS
Tamén descubrimos o que son as ILLAS, cáles hai próximas a Valga, os faros que teñen, etc. Puxémoslles nomes segundo a forma que tiñan, situámolas no mapa, e cantamos a canción "Ai Pepiño, adiós", coa súa letra "Ai, Sálvora, ai San Vicente...".

Escola de XANZA
Escola de FORNO

Escola de FORNO





E con todas as cunchas que temos, facemos un montón de cousas! Xogamos a identificalas, facemos partidas de memory, explorámolas...

Escola de XANZA

Escola de XANZA

Escola de VILARELLO
Tamén facemos composicións artísticas, como esta de burbullas mariñas ou murais de fondos mariños:

Escola de VILARELLO
Escola de CHENLO


Comentarios