EXCURSIÓN A PONTEVEDRA!!!

Onte comezou, de acordo ó calendario escolar, a SEMANA DAS LETRAS GALEGAS. Así que os nenos e nenas do C.R.A. de Valga realizamos hoxe unha saída organizada por Manuel, o profe de música, para ver a OBRA MUSICAL en galego de MAGÍN BLANCO chamada "GATUXO", e de paso visitamos o MUSEO DE PONTEVEDRA onde fixemos varias actividades. Unha delas, consistía en escoitar sons cos ollos pechados e logo asocialos a un cadro que parecía o fondo mariño. Nós, como auténticos expertos do MAR, atopamos cachalotes, polbos, corais, etc. Tamén creamos os nosos propios cadros en relevo! Mirade qué ben o pasamos:

Excursión a Pontevedra from CRA de Valga on Vimeo.

Comentarios