XORNADA DE CONVIVENCIA NO C.R.A. DE VALGA!

No día de hoxe, reunímonos todas as escolas na Sede de Campaña para realizar a XORNADA DE CONVIVENCIA, que este ano tivo como temática o proxecto que estamos a traballar: O MAR. Foi unha mañá con mooooitas actividades! Primeiro, fixemos un OBRADOIRO de MANUALIDADES no que decoramos unhas medusas moi chulas que logo levamos para casa.






 Logo, percorremos un CIRCUITO PSICOMOTOR cheo de obstáculos!





















Ademais, no circuito tiñamos un MURAL para pintar entre todos de maneira colaborativa!










E cando estabamos rematando o circuito, de súpeto aparece un CAMIÓN DE BOMBEIROS! Eran Rubén e Juan, uns amigos da profe Ana que forman parte de equipos de salvamento marítimo. Rubén traballa cun helicóptero de rescate (PESCA 1), e Juan é socorrista. Ademais, realizan moitas tarefas humanitarias con persoas refuxiadas. Non puidemos ter mellores invitados na nosa Xornada de Convivencia! Explicáronnos cómo traballaban, ensináronnos o material de rescate, prendemos unha bengala e un bote de fume, e ata subimos ó camión!















Pero Rubén, Juan e a profe Ana aínda nos tiñan unha última sorpresa preparada! Leváronnos ó lago de Valga e alí presenciamos un RESCATE en directo!!!














Como vedes aprendimos moitas cousas e pasámolo en grande. Moitas GRAZAS Rubén e Juan pola vosa visita!! Deixámosvos cun VÍDEO dos mellores momentos:


Xornada de Convivencia 2017 from CRA de Valga on Vimeo.

Comentarios

  1. Bravo Ana!!!!Qué atrevida botarse na Mina!Os nenos viñeron encantados coa experiencia.

    ResponderEliminar
  2. Eu encantada!! O mellor de todo e que os nen@s lle gustara!!

    ResponderEliminar
  3. Miña nai é de Campaña e cando lle enseñei as fotos case lle da algo,jeje.
    Noraboa!!!
    Romina.

    ResponderEliminar

Publicar un comentario