DÍA DO LIBRO!!

Hoxe, o MONSTRO DOS LIBROS (a nosa mascota da biblioteca), está de celebración porque é o 23 de abril, o DÍA DO LIBRO. Como sabedes, durante toda esta semana no cole estivemos a realizar unha actividade moi especial que nos encanta: OS FAMILIARES CONTADORES DE CONTOS! Un total de 30 familiares nos visitaron en todas as escolas para contar o seu conto! Papás, mamás, irmáns, etc., foron os protagonistas desta Conmemoración tan importante e fixérono de marabilla. Gustounos tanto que os nenos do cole andan argallando algo para eles... Que será, será...?

 

                                      


Para rematar, dende o Blogue lanzámosvos unha pregunta: CAL É O VOSO LIBRO FAVORITO? Animádevos a contestar cun comentario e así poder compartir entre todos os nosos tesouros de papel máis prezados!


Comentarios