COUSIÑAS DO MAR

Estes días a profe Ana estanos a traer un montón de cousas sobre o mar que non coñecíamos! Foi percorrendo tódalas escolas do C.R.A. para amosárnolas e, con algunhas, quedamos abraiad@s!!




Vimos, tocamos e exploramos estrelas de mar.  Contámoslles a patas e descubrimos en internet que hai estrelas que teñen ata 20 patas! Despois de observalas e investigalas deixámolas volver ao seu fogar, o mar.



                                     


                          Tocamos e probamos un caparazón de tartaruga moi moi grande e moi moi duro!




Tamén probamos a cana de pescar e o salvavidas, por si fixera falta!
 Ademáis, poidemos tocar cunchas de diferentes animais mariños, caracolas, cangrexos, etc.
Profe Ana, traenos máis cousas do mar que nos encantaron!!!

Comentarios

Publicar un comentario