COMEZAN AS MOCHILAS VIAXEIRAS!

Que gran novidade tivemos hoxe no C.R.A! Parece ser que namentres todos andabamos de vacacións de Entroido, o MONSTRO DOS LIBROS estivo na biblioteca da sede a prepararnos unha sorpresa: AS MOCHILAS VIAXEIRAS!

Mochilas Viaxeiras preparadas na Biblioteca da Sede
 Xa foron todas entregadas polas diferentes escolas. Veñen cargadas de ilusión e cun novo gran proxecto: "O MAR". Ademais, no interior atoparedes unha libreta viaxeira con instrucións para facer unha nova actividade entre todos. Que disfrutedes das lecturas!

Escola de CAMPAÑA
Escola de FERREIRÓS
Escola de VILARELLO
Escola de CHENLO

Escola de XANZA

Escola de FORNO

Comentarios