COMEZAMOS NOVO PROXECTO!!

Como sabedes, imos traballar un novo proxecto: "O MAR". Partimos dos coñecementos previos que sabemos sobre o tema, fixemos un debuxo e formulamos preguntas sobre o que nos gustaría saber. Xa tiñamos o tema un pouco introducido a través da excursión que fixeramos o mes pasado ó Acuario da Coruña e ó Castelo de San Antón, onde puidemos ver tamén o seu faro.






Tras informar ás familias e pedirlles a súa colaboración, xa comezaron a chegar moitas cousiñas do mar ás escolas. Tamén comezamos a investigar!








Ademais, comezaron a viaxar polas casas dos nenos as MOCHILAS VIAXEIRAS que conteñen material relacionado con este proxecto. As portadas das libretas viaxeiras quedaron moi vistosas cos debuxos dos nenos, e pouco a pouco estanse enchendo de contido relacionado co mar!


Comentarios