CELEBRAMOS O DÍA DA AUGA E O DÍA DA POESÍA!

Hoxe festexamos no C.R.A. o DÍA DA AUGA. Fixemos un montón de actividades, relacionándoo co Proxecto do MAR que estamos a traballar e co de VOZ NATURA, desenvolvendo nos nenos hábitos de coidado e aforro de auga.







Pero onte tamén celebramos unha data moi especial, xa que foi o DÍA DA POESÍA. Descubrimos o que era unha poesía, en qué se diferenciaba doutros xéneros literarios e ata inventamos poemas rimados cos nosos nomes. Logo, seguindo co proxecto do MAR, recitamos un poema de Julia Gonzalez, e pintamos un fondo mariño segundo os versos do poema:

AS CORES DO MAR
AZUIS son as sardiñas
que sulcan alegres o mar.
VERDES as algas verdes
bailan suaves un vals.
COLORADAS as estrelas,
as estreliñas de mar.
AMARELAS as buguinas
coas que escoitas lonxe o mar.
VERMELLO o caranquexo
que camiña para atrás.
BRANCAS as escumas
que acariñan o areal.
Mira o arco da vella
que está a facer o mar!!




Comentarios