ADMISIÓN DE NOVO ALUMNADO NO C.R.A. DE VALGA



CAL É O PRAZO PARA A SOLICITUDE DE ADMISIÓN?
Dende o día 1 ata o 20 deste mes de marzo, está aberto o proceso de admisión de novo alumnado previo á matrícula para o curso 2017-2018. 
Lembrámosvos que o C.R.A. de Valga está formado por 6 escolas (Chenlo, Xanza, Campaña, Forno, Ferreirós e Vilarello), nas cales podedes atopar toda a información necesaria para a admisión e matrícula colgada nos seus taboleiros exteriores. Veredes a localización das 6 escolas clicando aquí: https://www.edu.xunta.es/centroseducativos/CargarDetalleCentro.do?codigo=36024161

COMO CONSIGO OS IMPRESOS DE SOLICITUDE?
En todas as escolas vos facilitarán os documentos necesarios para solicitar a admisión. Tamén podedes acceder a eles a través do seguinte enlace:

Este ano, como novidade e se o preferides, podedes realizar a admisión telematicamente a través da aplicación creada para tal fin pola Consellería na súa web, á que podedes acceder premendo no seguinte enlace:

ONDE ENTREGO OS IMPRESOS CUBERTOS E EN QUE HORARIO?

Na sede do CRA ( Escola de Campaña) no seguinte horario:

Luns de 9:00h a 10:00h
Martes de 9:00h a 10:00h
Mércores de 15:00h a 18:00h
Xoves de 11.00h a 12:00h
Venres de 11:00h a 13:00h

Lembrade que o prazo remata o luns 20 de marzo!

QUE OUTROS PRAZOS SON IMPORTANTES?
Unha vez rematado o prazo de admisión, publicarase a lista provisional de admitidos (antes do 25 de abril) e logo a lista definitiva (antes do 15 de maio). Finalmente, abrirase o prazo para a formalización da matrícula que será do 20 ó 30 de xuño.
 
Para calquera dúbida podedes chamar ó teléfono: 886151724.

Escola de CAMPAÑA e SEDE do C.R.A.

Escola de XANZA

Escola de CHENLO

Escola de FERREIRÓS


Escola de FORNO

Escola de VILARELLO


Comentarios