FESTIVAL DE ENTROIDO: VÍDEOS E FOTOS DAS ACTUACIÓNS!

Menudo FESTIVAL de ENTROIDO celebramos hoxe no auditorio de Valga os nenos, os profes e as familias do cole!

Por fin, chegou o agardado momento das actuacións que, como sabedes, estiveron ambientadas na Época Medieval (proxecto que estamos a traballar no C.R.A.). Presentaron o espectáculo os PREGOEIROS de FERREIRÓS cun recitado e toque de trompetas:



Dun país lonxano chegaron os DRAGÓNS de CHENLO:


Logo, subiron ó escenario os REIS e RAÍÑAS de FORNO a bailar o vals inaugural:


Os CABALEIROS de VILARELLO demostraron a súa destreza para protexer o reino:


Os simpáticos BUFÓNS de CAMPAÑA entretivéronnos durante un anaquiño:


Os CAMPESIÑOS de XANZA eran moi traballadores e tiñan unha horta ben apañadiña:


E como broche final do festival, fixemos todos un baile espectacular! Aquí tedes a nosa actuación da canción "Miña abuela Manuela" de Migallas.


O Equipo de Profesorado do C.R.A. quere AGRADECER a vosa participación e colaboración, e deséxavos un DIVERTIDO ENTROIDO!





Comentarios