EXCURSIÓN Á CORUÑA!

Onte realizamos a saída que tiñamos prevista á Coruña. Foi un día moi completo e percorremos moitos sitios. En primeiro lugar, visitamos o Museo Nacional de Ciencia e Tecnoloxía (MUNCYT):









Tamén nos cederon as instalacións do museo para comer e repoñer enerxías!



Logo dun breve traxecto en autobús, chegamos ó AQUARIUM FINISTERRAE. Aproveitamos esta visita para introducir o que será o novo proxecto do cole (O Mar), que comezaremos despois do Entroido.






Finalmente, dirixímonos ó CASTELO DE SAN ANTÓN, onde puidemos vivenciar todo o aprendido nas escolas durante o proxecto "A Época Medieval".













Dende o C.R.A. de Valga queremos darlles as GRAZAS ás familias, que aguantaron a chuvieira do regreso, e a todos os traballadores cos que compartimos o día (monitores, guías, condutores...), e que fixeron posible que disfrutásemos tanto da excursión.

Comentarios