DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE

No C.R.A. de VALGA vimos de celebrar o DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE que tivo lugar o pasado 3 DE DECEMBRO. Para tal fin, contamos coa visita dos membros do Centro de Persoas con Discapacidade (CODI) de Valga, que nos narraron o conto "Mimi e a xirafa azul". Como podedes ver, foi un encontro moi especial. Encantounos a súa visita!

BIBLIOTECA DA SEDE EN CAMPAÑA

"Mimi e a xirafa azul" é un conto xenial para a sensibilización e a visión positiva da discapacidade. Con motivo da celebración deste día tan importante, dende o C.R.A. tamén queremos compartir con vós e recomendarvos a lectura doutros contos sobre a diversidade e o respecto polas diferenzas:

El cazo de Lorenzo - Ed. Juventud

Nadarín - Ed. Kalandraka
Las jirafas no pueden bailar - Ed. Bruño

Por cuatro esquinitas de nada - Ed. Juventud
Orellas de Bolboreta - Ed. Kalandraka

Comentarios