Cantas
cousiñas podemos facer cun pano de cores! Comezamos este mes coa
percepción sensorial primando o sentido da vista nesta actividade na
que perseguimos non só o recoñecemento visual das cores senón
tamén das formas xeométricas (cadrado, rectángulo ou triángulo)
formados a partir dun pano de cores.
Deixamos
voar a imaxinación apoiados na canción “Un pañuelo tengo yo”.
Dúo Tiempo de Sol e cada neno/a aportou a súa visión
particular cando fixemos a pregunta: en que se pode converter este
pano?
Respostas do
máis incrible saíron nesta sesión: un parche para o ollo
simulando ser un pirata, un xeado de sabores, un sobre para cartas,
un mantel, unha saia...
Escola de Xanza Escola de Forno
Escola de Vilarello
Comentarios
Publicar un comentario