PROXECTO "AS EMOCIÓNS"

Ó longo do mes de Setembro traballamos as emocións e tomamos como referencia o libro “O monstro de cores” da autora Anna Llenas. Despois de que as titoras leran o conto aos nenos e nenas xogamos co dado adaptado das emocións. Cada neno/a lanzaba o dado e en función da emoción que saíra contaba aos seus compañeiros/as un acontecemento da súa vida que os fixera sentir: tristura, ledicia, rabia, amor, medo ou calma.






Tamén traballamos cos debuxos do libro “O monstro de cores. Caderno para colorear” de Anna Llenas. Así cada neno/a pintou o monstro en función da emoción que expresaba o debuxo.




 

Comentarios