COMEZAMOS O NOVO CURSO CO PROXECTO "AS EMOCIÓNS"

"O Monstruo de Cores non sabe o que lle pasa. Fíxose un lío coas emocións e agora tócalle desfacer esa confusión. Será capaz de poñer en orde a alegría, a tristeza, a rabia, o amor, o medo e a calma?” 

Durante estes días, e aproveitando o período de adaptación, estamos a traballar na escola un proxecto baseado no conto: O Monstruo de Cores (de Anna Llenas). A través del, introducímonos na fascinante linguaxe das emocións.

Aquí vos deixamos o enlace ó video para aquelas familias que non o coñecedes:


Despois de contar o conto, elaboramos uns murais de benvida ó cole que podedes ver en todas as escolas. Que divertido foi pintalos!!

Escola de Chenlo

Escola de Chenlo

Escola de Forno
Por outra banda, aproveitamos os primeiros días de clase para realizar os tradicionais manteis para a hora da merenda e as etiquetas para as nosas botellas de auga. Quedounos todo así de chulo!!


Escola de Vilarello

 
Escola de Ferreirós




Comentarios