Un ano máis celebraremos o día das Letras Galegas. Pero ata que chegue ese día, dende o Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística, propoñémosvos un achegamento ó homenaxeado deste ano, Xosé Filgueira Valverde.

A través deste enlace poderedes coñecer a súa biografía e facer algunha actividade en liña.

seminariogalan.org/inicio/portada

Ademais quixéramos animarvos a participar na actividade que vos propoñemos ás familias para celebrar este día. A actividade consiste en escoller e compartir con todos a vosa palabra favorita, escribila nunha flor e decorar esa flor. 
Seguro que o pasades ben facéndoa todos xuntos.



Agardamos as vosas aportacións.


Grazas

Comentarios