SE TE PORTACHES BEN.... PÍDELLE AOS REIS!

O 22 de Decembro no C.R.A.  de Valga celebramos o Festival de Nadal. E como cada ano xuntámonos as 7 aulas no Auditorio do Concello, esta vez tamén nos acompañaron os nenos e nenas da Escola Infantil de Valga (Guardería).


Dende O Concello mandáronnos unha merenda moi rica, endulzounos a mañá!












Como fomos moi bos e boas escribímoslles a carta aos Reis Magos, e aproveitando que pasaban por Valga xa as levaron.










E recibimos un adianto dos agasallos que nos van deixar o 5 de xaneiro.


Comentarios