Un ano máis xa está connosco o III FestiVALGA 2022!
Aberto a calquera persoa ou grupo de persoas, pertencentes ou non á nosa Comunidade Educativa.
Só tes que elixir e representar unha canción que formase parte da historia de Eurovisión, Eurojunior ou da preselección do Benidorm Fest.
Mándanos o teu vídeo por WhatsApp ao móbil de cada escola, ou ao 605484141
Os vídeos serán publicados nas nosas redes sociais para que poidades exercer o voto popular. O xurado profesional estará composto por representantes da Comunidade Educativa do CRA de Valga.
O prazo de participación ábrese o 29 de abril coincidindo co Día Internacional da Danza e finaliza o 10 de maio, na Semana do Día de Europa e do Festival de Eurovisión.
Os gañadores/as serán anunciados nunha gran Gala Final. Recibirán un trofeo e moitos agasallos!
Certame organizado polo CRA de Valga coa colaboración do @concellodevalga
Comentarios
Publicar un comentario