Hoxe, 15 de Marzo de 2022, foi un día sinalado.
Con grande alegría, cortamos o lazo morado que abría por primeira vez as portas da nosa Bibliote-CRA. Esta que hoxe inauguramos con tanto agarimo e que agardamos nos dea moitas alegrías e bos momentos ao longo deste curso (e agardamos que moitos vindeiros).
As madriñas e padriños de honra foron TODAS E CADA UNHA das persoas que dan sentido a esta Biblio: profesorado, familias e, moi especialmente, o alumnado de tódalas escolas que compoñen o CRA de Valga .
Todos/as as asistentes, carné de usuario en man, entraron cos ollos cheos de curiosidade e ilusión.
Como non podía ser doutro xeito, a música, as palmas e as risas foron protagonistas nesta tarde festiva e conquistaron cada recuncho.
Paco Papán e o recén estreado préstamos de libros (que ata agora só se facía nas escolas), fixeron as delicias de grandes e pequenas nas dúas quendas nas que, dada a gran asistencia, para garantir seguridade e comodidade, organizamos a tarde.
Gracias infinitas a tódalas persoas asistentes, a todas aquelas que asistirán e a todas e cada unha das persoas que forman parte da comunidade educativa do noso CRA
Imos aló!
Longa vida á nosa Bibliote-CRA!
Comentarios
Publicar un comentario