PROPOSTA VII: ACTIVIDADES DE LÓXICO-MATEMÁTICA

As matemáticas sempre están presentes na vida dos nenos e nenas. Cando clasifican os seus xoguetes: coches por un lado, cabalos polo outro, bebés no outro lado…, cando fan preguntas de quen é máis alto/a ou máis grande, cando agrupan as súas cousas nun lado e as de outra persoa no outro… Son moitas as situacións diarias nas que os pequenos e pequenas poñen en marcha o seu razoamento lóxico. 


Mais deixámosvos aquí algunhas propostas máis.


- Xogos de mesa: bingos de números, dominó, cartas, parchís, oca... Deixámosvos aquí o xogo Excursión en Valga que podedes imprimir e xogar a visitar os diferentes lugares do noso Concello de Valga (ollo! hai que adiantar ou retroceder polas vagonetas e pontes, e de escudo a escudo e tira porque che toca!).



- Xogos de construción e minimundos:







- Tangram: neste enlace podedes descargalo e imprimilo para xogar na casa.
https://www.edufichas.com/tangram/
Geometría y figuras planas con la ayuda del Tangram

- Xogos de trasvases:






- Realización de conteos:




- Xogos de identificación e clasificación de cores: realizando seriacións ou clasificacións por cores.





- Xogos coas propiedades da luz respecto das cores: con papeis celofán, recipientes transparentes e auga de cores ou pintando sobre o cristal; e ver como se reflite coa luz do sol, con lanternas, con candeas...




- Obradoiros de cociña (medindo, pesando cantidades, facendo conteos, amasando...).



- Contar obxectos habituais (froita, alimentos, roupa, etc). Realizar pequenas sumas ou restas para resolver problemas da vida cotiá (por exemplo: cantos somos para poñer a mesa?). Tamén podemos facer correspondencias 1 a 1 (por exemplo: en cada prato coloco un pano de mesa). E incluso clasificar obxectos da vida cotiá para ordear os armarios e habitacións da casa.




- Resolver crebacabezas:



- Buscar formas xeométricas que teñamos por casa:

- Seguir series:

                                       



- Descifrar xeroglíficos e outras variables construíndo palabras e frases:



- Traballar a data sobre o calendario, como facemos na escola. Rodear o día que é hoxe, contar ata ese día, facer a conta atrás, contar os días que faltan para...(un aniversario, unha data importante...). Podemos elaborar o noso propio calendario semanal ó estilo Waldorf/Montessori con material que teñades no fogar, como por exemplo cortizas, botóns, pedras pintadas... Tamén podemos elaborar o noso calendario mensual con pinzas da roupa (e en cada pinza podemos colocar acontecementos de cada día, por exemplo as actividades que se van realizar ou o menú).





- Rexistrar o tempo atmosférico diario, realizando conteo ao final de semana/mes.



- Fixarse na hora que marca o reloxo (a que números apuntan as agullas, canto falta para que a agulla chegue a un número...) e ata podemos facer unha manualidade e crear o noso propio reloxo.



- Actividades do método ABN, como por exemplo:

  • Subitización: amosarlles durante un par de segundos un conxunto de elementos que pode ser real ou nunha imaxe e que teñan que realizar estimacións sobre o número de elementos que hai sen realizar conteo.



  • Casiñas de descomposición: encher os recadros da casiña coas parellas de números coas que podemos descompoñer un número. Poden escribir o número coa grafía, ou debuxar os elementos. Por exemplo, a casiña do 5 podería ser:


  • Xogos coa recta numérica: como por exemplo contar cara adiante e cara atrás, completar a recta numérica cos números que faltan nos ocos ou escribir o anterior e o posterior (os veciños) dun número dado. Os máis peques poden facelo axudándose da recta numérica, os que xa a teñan interiorizada, poden facelo sen mirar.


- Relacionar número coa cantidade correspondente:
                                        

- Facer parellas:
                         
                                        


Comentarios