CELEBRAMOS O DÍA DA BIBLIOTECA!

Hoxe, día 24 de Outubro, celébrase o Día da Biblioteca Escolar, e para festexalo no C.R.A. o MONSTRO DOS LIBROS agasaiounos cun contacontos! Os contos elixidos para facer esta actividade nas diferentes escolas foron:
- Murciélagos en la biblioteca, de Brian Lies.
- Onde viven os monstros, de Maurice Sendak.
- E Carabuñas, de Margarita del Mazo e Charlotte Pardi.


Como vedes, estamos adentrándonos xa na temática do SAMAÍN!

Escola de Vilarello

Escola de Ferreirós

Escola de Chenlo
Escola de Campaña

Ademais, o MONSTRO DOS LIBROS tamén quixo agasaiar ás familias cun FOLLETO con consellos para crear unha biblioteca infantil na casa, e ós peques cuns MARCAPÁXINAS que decoraron ó seu gusto.
Escola de Xanza
Escola de Forno

Comentarios